| 1ª versión alpha dun reprodutor libre para Flash: Gnash |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Venres, 12 de Maio do 2006 | |
|
A primeira versión alpha de Gnash acaba de saír co número de versión 0.7.1. Gnash é un reproductor GPL para películas flash e un plug-in para os navegadores Firefox,Mozilla, Konqueror e Opera. Gnash soporta a maioría das características da versión 7 de SWF e ActionScript3, o que implica que terá un boa compatibilidade... Gnash corre en moitas distribucións GNU/Linux, FreeBSD, NetBSD, OpenBSD, e arquitecturas de 64 bits. Para a próxima versión, están traballando na versión para Windows e Mac. Como plug-in do Firefox, recomendan que a versión do navegador sexa 1.5 ou máis nova e debería funcionar en calquera navegador baseado en Mozilla. Tamén teñen unha versión executable do mesmo tanto para escritorio GNOME e KDE. Podes descargar as fontes de Gnash dende ftp://ftp.gnu.org/pub/gnu/gnash/, ou dende o repositorio CVS de Gnash que ten de identificador "release_0_7_1".
|





















