| Xestores financeiros persoais en Software Libre |
|
|
|
|
As aplicacións axudarán na contabilidade persoal a un nivel moi básico, inda que algunhas das ferramentas xa seguen principios de contabilidade. Nun primeiro bloque destácanse as ferramentas que contan con máis funcionalidades quedando no apartado “outras ferramentas” software máis específico (deseño e impresión de facturas, xeración de informes,...). Algunhas das aplicacións que se recollen no documento son: GNUCash, GFP, Grisbi, jGnash, ... Está dispoñible a imaxe de CD (ISO - 438Mb) con todos os programas tratados no documento co fin de que a comunidade poida avaliar o software e poida escoller o que mellor se adapte á súa forma de traballo. Recordar que non se tratan ferramentas de contabilidade “completas” senón simples xestores que permiten levar un control dos gastos e ingresos. Nas seguintes publicacións recollerase información sobre o software para terminais de punto de venda, contabilidade, facturación, ERP, CRM, ... e outros temas para o eido da PEME. Mancomun.org está a levar a cabo unha acción para promover o emprego deste tipo de programas libres e en galego achegando a tradución do TPV Tina POS, o ERP libre Openbravo e outras aplicacións de importancia crítica para as empresas. Artigos relacionados
|






















