| Versión oficial de SUN do OpenOffice.org en galego |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Venres, 26 de Xaneiro do 2007 | |
|
A seguinte versión de OpenOffice.org será a 2.2 e SUN xa compilou unha versión en galego para GNU/Linux coa tradución de Mancomun.org e os voluntarios (están pendentes de colgar a versión para Windows e Mac OS X). Agora queda testear e detectar erros. Para iso poñemos á vosa disposición a ligazón para a primeira versión (recordade que é unha versión de probas e que pode dar algún que outro problema) para que nos axudedes a revisala e mandar as correccións a SUN. Unha vez dado o visto bo a estas versións de proba, a propia SUN Microsystems compilará e distribuirá esta tradución para as distintas plataformas (Windows, GNU/Linux e Mac OS X). A ligazón para esta versión é a seguinte: OpenOffice.org 2.2 versión para corrección de erros Por favor, necesitamos que informedes de tódolos erros que encontredes nestas versións para poder corrixilos e envialos a SUN. Mandádenos os erros á seguinte dirección de correo: mancomun@mancomun.org poñendo no asunto: [Erros OpenOffice.org] Artigos relacionados
|
















