| Versión 2.1 do OpenOffice.org en galego para GNU/Linux, Windows e Mac |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Xoves, 18 de Xaneiro do 2007 | |
|
"Mancomun.org - Iniciativa galega polo Software Libre" presenta a versión 2.1 do paquete ofimático OpenOffice.org para usuarios tanto de GNU/Linux, de MS-Windows e de Mac OS X (para Intel), así como as instrucións para a instalación en cada unha das plataformas. Para descargar esta nova versión, visita a páxina de descargas do OpenOffice.org en Mancomun.org. Esta versión inclúe o corrector ortográfico integrado para o galego e nos próximos meses esperamos ter dispoñible o corrector gramatical. NOTA: PARA WINDOWS É NECESARIO TER INSTALADO O MICROSOFT NET FRAMEWORK 2.0 . Se tes algunha dúbida ou problema consúltanos nos foros de mancomun.org
Artigos relacionados
|

















