| Tradución ao galego do Thunderbird 1.5 |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Xoves, 12 de Abril do 2007 | |
|
A ligazón para a descarga da tradución é a seguinte: Complemento coa tradución ao galego do Thunderbird 1.5 Calquera erro que se atope nesta versión poderá ser enviado á lista de galician.mozdev.org para futuras correccións, xa que se procurará que as traducións dos produtos Mozilla sexan coordinadas desde galician.mozdev.org. Para ver as instrucións de instalación prema en ler máis...
Instrucións para a instalación da tradución: Para usar a tradución temos que instalar a extensión (thunderbird-gl-ES.xpi). Para instalar a extensión temos que abrir o Thunderbird e no menú Ferramentas->Extensións pulsar en Instalar. Seleccionamos a extensión descargada e reiniciamos o Thunderbird. Feito isto, se temos o sistema operativo en galego, o Thunderbird arrancará por defecto xa en galego. Se non fose así, deberemos engadir un parámetro de execución ao Thunderbird. O parámetro é o seguinte (sen as comiñas): "-uilocale gl-ES" Para engadir o parámetro modificamos o acceso directo do Thunderbird tal e como segue: ![]() Outra opción é instalando o paquete de idioma e despois un complemento a maiores, o Locale Switcher, que permite seleccionar o idioma sen ter que poñer o parámetro anterior. Instálase, reiníciase e xa aparece en "Ferramentas->Idiomas->Galego" Para instalar "Locale Switcher" prema na seguinte ligazón: https://addons.mozilla.org/ Artigos relacionados |

















