| Publicamos O Software Libre nas entidades de Galiza |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Luns, 18 de Decembro do 2006 | |
|
Mancomun.org, coma Observatorio do Software Libre en Galicia, acaba de publicar O Software Libre nas entidades de Galiza que analiza o emprego do código aberto na PEME, empresas informáticas, concellos e centros de ensino non universitario. O documento está dispoñible na sección de descargas. O estudo indica que o Software Libre estase a desenvolver de xeito desigual segundo os diferentes ámbitos. Nas empresas informáticas o uso é maior (48%), seguido por concellos (32%), centros de ensino (20%) e a PEME non tecnolóxica (10%). Goza dunha imaxe excelente e a principal razón para non usalo é o descoñecemento. Ademais faise evidente a necesidade de actividades de difusión e formación en todos os sectores estudados. O Software Libre nas entidades de Galiza, reflicte unha maior presenza no eido público cunha porcentaxe importante de administracións locais que xa empregan tecnoloxía de estándares abertos. Nos centros educativos o índice de emprego é menor pero existe unha boa predisposición a usalo. Pola súa banda no sector privado as empresas informáticas usan o Software Libre para levar a cabo os seus produtos e servizos pero son reticentes á hora de establecer novas liñas de negocio baseadas en código aberto. Na PEME en xeral existe un grande descoñecemento aínda que goza dunha boa imaxe. Artigos relacionados
|
















