Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow mancomun.org arrow Publicado o segundo informe sobre políticas e iniciativas do Software Libre

Formulario de acceso






Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha
Servizos Mancomun.org
Servizos Mancomun.org
Publicado o segundo informe sobre políticas e iniciativas do Software Libre PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Martes, 05 de Setembro do 2006
O Observatorio galego de Software Libre vén de publicar o informe da evolución da situación do Software Libre nas políticas estatais e internacionais , correspondente ao período maio-xullo, feito pola Universidade da Coruña. Este informe é froito do traballo desenvolvido dentro do convenio asinado co CESGA para a realización de accións encamiñadas a impulsar o Software Libre na nosa comunidade, e complementa ao informe inicial sobre a situación do Software Libre no ámbito das políticas estatais e internacionais publicado en maio. ...
O documento, que está baixo licenza Creative Commons, resume a evolución das  políticas das administracións, tanto estatais como europeas, dos meses de maio, xuño e xullo do ano 2006 no referente a iniciativas de software libre, tendo en conta os anuncios emitidos polas mesmas administracións públicas ou por outras organizacións de índole non gobernamental pero cun forte matiz político e relevante dentro da comunidade do software libre. O Observatorio publicará os seguintes resumos trimestralmente.




ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



Servizos Mancomun.org

Servizos Mancomun.org

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...