| OpenOffice.org 2.0.3 en galego para Windows e novo corrector lingüístico |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Mércores, 27 de Setembro do 2006 | |
|
"Mancomun.org - Iniciativa galega polo Software Libre" acaba de liberar a versión 2.0.3 do paquete ofimático OpenOffice.org para usuarios de MS-Windows. O pasado mes de agosto xa se liberara esta mesma versión para os usuarios de GNU/Linux. Este software inclúe as ferramentas máis usadas para o traballo ofimático diario (procesador de textos, folla de cálculo, base de datos, un programa para facer presentacións, debuxos, etc.), así como un novo corrector ortográfico para o galego. O corrector substitúe á anterior versión alfa e inclúe, nesta versión 1.0, máis de 21 millóns de palabras, 500 abreviaturas, 1500 nomes e apelidos, 400 siglas e acrónimos e 1.500 topónimos.
Tamén está dispoñible un pack de idioma galego que se pode aplicar ás versións 2.0.3 que non estean na nosa lingua. A versión 2.0.3 inclúe: - Interface e axuda en galego. - Corrector ortográfico versión 1.0 para galego. - Melloras de rendemento. - Corrección de erros da versión anterior (problema ca ruta de instalación, instalación en Windows 98 e 2000, etc) - Melloras na compatibilidade co Microsoft Office. OpenOffice.org implementa o estándar ofimático OpenDocument aprobado recentemente pola ISO. É moi recomendable instalar a nova versión 2.0.3 que se pode descargar dende a sección "OpenOffice.org en galego" do noso portal. Os ficheiros PO desta última versión tamén están dispoñibles no noso portal. Artigos relacionados |

















