Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow mancomun.org arrow O OpenOffice.org 2.2 en galego xa está dispoñible no portal de Mancomun.org
O OpenOffice.org 2.2 en galego xa está dispoñible no portal de Mancomun.org PDF Imprimir Correo-e
o Martes, 15 de Maio do 2007
OpenOffice.orgXa podes descargar OpenOffice.org 2.2 totalmente en galego desde o portal de Mancomun.org. Está dispoñible para GNU/Linux, Windows e Mac OS (tanto para Power PC coma para Intel) na sección de descargas. Se o preferides tamén podedes descargar a imaxe ISO do CD que contén OpenOffice.org para todas as plataformas ou as versións anteriores de OpenOffice.org desde a 2.0.
 
 A 2.2, a diferencia das versións anteriores, non ten incorporado por defecto o corrector polo que teredes que descargar o ficheiro gl_ES-pack.zip desde o portal de Mancomun.org. Despois poderase agregar o dicionario na opción Ficheiro>Asistentes>Instalar novos dicionarios. O  novo dicionario incorpora melloras implementadas polo equipo de Mancomun.org.
 
A versión galega de OpenOffice.org será unha das poucas que conte cun corrector gramatical do que xa se están a realizar as últimas probas antes do seu lanzamento. Chamarase Golfiño e tes máis información sobre el no Wiki de Mancomun.org.
 
OpenOffice.org coa interface e a axuda en galego está tamén dispoñible nos repositorios oficiais das diferentes distribucións de GNU/Linux. 




ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



 

Servizos Mancomun.org

Eventos

Xuño 2008 Xullo 2008 Agosto 2008
Lu Ma Xo Ve Do
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31      

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...
Advertisement