|
O CESGA e os GUGL galegos asinan un convenio de colaboración |
|
|
|
|
escrito por mancomun.org
o Xoves, 15 de Xuño do 2006 |
|
O CESGA e os Grupos Galegos de Usuarios de GNU/Linux (GUGL) veñen de firmar un convenio de colaboración co fin de acadar unha maior implantación do software libre en Galiza. O acto da firma tivo lugar ás 12:00 nas dependencias da Xunta de Galicia, onde estiveron presentes a directora xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información, Elena Veiguela, o director xerente do CESGA, Javier García Tobío, e os representantes dos diferentes grupos.
Os grupos asinantes son: - Asociación de Usuarios de Linux da Universidade de Santiago de Compostela (AULUSC)
- Asociación de Usuarios GNIX (AGNIX)
- Asociación Grupo de Usuarios de Linux de Ourense (GULO)
- Asociación Universitaria Grupo de Programadores y Usuarios de Linux (GPUL)
- Asociación Cultural Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra (GALPON)
- Asociación Grupo de Usuarios de Linux de Galicia (GLUG).
O obxectivo principal é incentivar a realización de seminarios e congresos, a organización de actividades de difusión de diversa índole, así como tamén a elaboración de contidos de interese (CDs, publicacións...) no marco da Iniciativa Galega polo Software Libre - mancomun.org. As diferentes propostas dos grupos plasmaranse nun plan de actuacións que deberá ser presentado nun prazo de 60 días e que, tras ser consensuado co CESGA, deberá materializarse no período que abrangue até decembro de 2007. Fonte: Cesga
Artigos relacionados
|