Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow mancomun.org arrow Nova versión do corrector ortográfico de galego do OpenOffice.org
Nova versión do corrector ortográfico de galego do OpenOffice.org PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Xoves, 02 de Agosto do 2007

http://www.mancomun.org/images/stories/ooo-main-logo-2col-trans.gif Xa se pode descargar a nova versión do corrector ortográfico de galego para o OpenOffice.org. Esta nova versión é a 2.0 e inclúe un montón de melloras, entre elas cabe destacar:

  • Mellora drástica da velocidade de carga e de corrección, mediante o uso de características exclusivas do formato Hunspell de OpenOffice.org.
  • Corrixe máis palabras.
  • Revisáronse todos os erros detectados da primeira versión.
  • Ocupa a metade de espazo que a versión anterior sen reducir contidos.

O resultado como comprobaredes, é un corrector moi optimizado e que xa se pode descargar tanto desde a nosa páxina web, na sección de "Software Libre en Galego -> OpenOffice.org", como desde os repositorios oficiais de OpenOffice.org, usando a opción do menú "Ficheiro -> Asistentes -> Instalar novos dicionarios". As instrucións de instalación atópanse no Wiki e máis na páxina de descargas do OpenOffice.org.

Como sempre, poderedes enviarnos os erros que detectedes á páxina de discusión do corrector no noso Wiki, ou nos foros desta mesma web.





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



 

Servizos Mancomun.org

Eventos

Xuño 2008 Xullo 2008 Agosto 2008
Lu Ma Xo Ve Do
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31      

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...
Advertisement