|
Mantente actualizado co repositorio para o OpenOffice de mancomun.org |
|
|
|
|
escrito por mancomun.org
o Venres, 03 de Novembro do 2006 |
|
Mancomun.org presenta o seu repositorio APT para a suite ofimática do OpenOffice.org en galego para poder manterte actualizado coa última versión do OpenOffice de mancomun.org
Con este sistema, todos os usuarios que usen unha distribución de GNU/Linux baseada en paquetes DEB e que teñan instalada a nosa versión do OpenOffice.org poderán actualizarse facilmente ás novas versións que saquemos máis adiante...
É moi importante desinstalar a versión do Openoffice.org que traia o sistema operativo e ter instalada a versión de Mancomun.org, xa que senón a actualización mediante este sistema podería romper a estabilidade do sistema. Para estar actualizado coa última versión do OpenOffice.org de Mancomun.org realizaremos os seguintes pasos segundo as nosas preferencias (precísase ser root do sistema): - Se preferimos facelo nun terminal en modo texto:
- Engadir a seguinte liña:
deb http://openoffice.mancomun.org/ mancomun main ao ficheiro: /etc/apt/sources.list - Executar:
apt-get update - Executar:
apt-get upgrade - No terminal preguntaranos se queremos actualizar os paquetes. Temos que dicir que "Si". O seguinte que se nos preguntará é se queremos instalar os paquetes que están sen verificar. Diremos que "Si" outra vez e entón o sistema actualizará os paquetes do OpenOffice.org.
- Se usamos o escritorio GNOME:
- Vamos ao menú "Sistema-> Administración-> Xestor de paquetes Synaptic"
- Pídenos o contrasinal de root. Introducímolo.
- Dentro do "Xestor de paquetes" vamos ao menú "Configuración-> Repositorios-> Engadir-> Personalizado "
- Engadimos unha liña APT co seguinte texto
deb http://openoffice.mancomun.org/ mancomun main - Pechamos a ventá e o asistente xa nos indicará os seguintes pasos para poder actualizar o OpenOffice.org
- Se usamos o escritorio KDE:
- Tamén temos que engadir a liña:
deb http://openoffice.mancomun.org/ mancomun main ao ficheiro: /etc/apt/sources.list
- Vamos ao menú "Sistema-> Adept (Xestor de paquetes)"
- Tamén nos pide o contrasinal de root.
- Prememos en "Buscar actualizacións" e encontrará que hai actualizacións dispoñibles para o OpenOffice.org.
- Procederemos seguindo as instrucións que nos brinde o asistente do Xestor de paquetes.
Artigos relacionados
|