| Mancomun.org integra un novo servizo: A Forxa, o repositorio galego para proxectos libres |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Mércores, 17 de Xaneiro do 2007 | |
|
A Forxa nace como resposta á necesidade da comunidade de desenvolver proxectos colaborativos. A Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información asinou un convenio de colaboración coa Universidade da Coruña para a súa posta en marcha e mantemento polo que esta institución levará a cabo labores de dinamización, investigación e soporte para os proxectos albergados na Forxa. Nestes proxectos participarán axentes, empresas, universidades e administracións pública e calquera persoa ou institución interesada. Finalmente decidiuse adoptar o software colaborativo GForge localizándoo e adaptándoo ao entorno colaborativo de Mancomun.org. O software estará dispoñible na Forxa para o seu exame, detección de erros e desenvolvemento de melloras. Artigos relacionados
|
















