| Mancomún coordinará as actividades relacionadas co SwL no Xuventude Galiza Net 08 |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Martes, 11 de Marzo do 2008 | |
|
Tamén haberá unha programación de obradoiros nos que se poderán construír robots, actualizar blogues empregando o móbil ou aprender a traducir programas de ordenador. Para complementar esta programación celebraremos mesas redondas sobre reciclaxe de ordenadores coa colaboración do GRUVI da Universidade de Vigo e tamén sobre emprego e software libre coa participación de AGASOL, Asociación Galega de Empresas de Software Libre. As actividades de software libre incluirán obradoiros, relatorios e un gran reto: Tentar conseguir traducir ao 100% a futura interface do OpenOffice.org 3.0 usando a aplicación web http://entrans.mancomun.org. Para iso, e durante o venres e máis o sábado ofreceremos demos e información no expositor de como participar no reto. Xa durante todo o día do sábado, todo aquel usuario que queira, poderá rexistrarse na aplicación e comezar a traducir. As traducións admitidas serán aquelas recibidas durante as 24h do sábado. Ao finalizar o reto, sortearanse diversos premios entre os participantes (ver condicións na web de Xuventude Galiza Net). O programa de actividades poderá ampliarse a medida que se aproxime o evento; mais polo de agora comprende as seguintes actividades confirmadas:
http://www.xuventudegaliza.net/galego/index.php
Artigos relacionados
|








O Software Libre terá presenza nesta edición do 












