| Innovación promove aplicacións libres para a PEME en colaboración coas tres universidades galegas |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Xoves, 15 de Marzo do 2007 | |
|
A Escola Superior de Enxeñería Informática de Ourense, pertencente á Universidade de Vigo, realizará un estudo sobre as solucións de Software Libre orientadas á xestión da PEME e detectará aquelas solucións máis axeitadas para o tecido industrial galego. Estas solucións implantaranse de xeito experimental en empresas para ver o seu rendemento real. Pola súa banda o Departamento da Matemática Aplicada da Universidade de Santiago, en colaboración co Departamento de Matemáticas da Universidade da Coruña, centrarase na procura de aplicacións informáticas libres de simulación numérica na industria. Estes estudos terán como resultado unha escolma de programas, na súa inmensa maioría de emprego gratuíto, e facilmente adaptables ás necesidades únicas de cada empresa. Isto só é posible dada a total dispoñibilidade do código no que está elaborado e as vantaxes que supón que estes programas estean baseados no código aberto. A Consellería de Innovación considera de importancia crítica facilitar ferramentas informáticas coa fin de integrar á PEME na nova economía e aumentar a súa produtividade. Artigos relacionados
|





















