| Informática, lingua e outras asociacións |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Martes, 30 de Maio do 2006 | |
|
Acabamos de engadir dous apartados á sección Movemento asociativo de mancomun.org. A primeira, Informática e lingua, fai referencia ás asociacións ou agrupacións que xa levan tempo localizando software e que teñen como principal obxectivo o galego no eido da informática. A segunda, Outras asociacións, tenta amosar aquelas agrupacións que teñen no software libre un medio natural para o seu traballo. A intención de mancomun é sumar esforzos e non restalos, polo que as listaxes das agrupacións non son pechadas. Se pertences a outra asociación destas características, por favor, contacta con nós a través da sección de Contacto.
Artigos relacionados |





















