| Industria promoverá a creación dun Centro de Referencia e Servizos de Software Libre |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Xoves, 06 de Marzo do 2008 | |
A Consellaría de Innovación e Industria (CII) apoiará a realización de actividades que promocionen o software libre en Galiza para o que transferirá ao Centro de Supercomputación de Galiza (CESGA), 675.000 euros para o desenvolvemento destas actuacións ao longo do bienio 2008-2009 mediante a firma dun convenio de colaboración entre ambas entidades. Ademais, Innovación e Industria promoverá o desenvolvemento dun Centro de Referencia e Servizos de Software Libre que sexa capaz de aglutinar e colaborar na xestión das distintas iniciativas para a promoción do software libre promovidas pola Consellaría, dentro dunha acción estratéxica para dinamizar os recursos e servizos que caracterizan á sociedade da información.Este novo convenio dá continuidade e estende os obxectivos do convenio firmado en Xuño de 2005 entre a CII e o CESGA para a promoción do SwL. Ao abeiro deste convenio, o CESGA, a través de mancomun.org – Iniciativa galega polo software libre, e en colaboración coas Universidades galegas e os Grupos de Usuarios de GNU/ Linux, baixo a supervisión dos servizos técnicos da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, veu acometendo unha serie de accións de promoción e difusión do software libre e dos estándares abertos de grande impacto social e igual aceptación por parte do empresariado galego. Este investimento alíñase claramente coas estratexias definidas no PEGSI onde se definen as políticas para que Galiza se introduza plenamente na sociedade da información mediante a introdución das Tecnoloxías da Información e do Coñecemento (TIC), promovendo así o desenvolvemento dunha economía do coñecemento. Neste contexto, o Software Libre constitúe unha peza clave para facilitar o acceso á Sociedade da Información en condicións de igualdade, axudando á redución da fenda dixital, permitir un maior grao de uso da lingua galega nas aplicacións informáticas e facilitar a consolidación dun tecido TIC endóxeno capaz de dar resposta ás necesidades tecnolóxicas da cidadanía, as empresas e as institucións de Galiza para acadar a plena independencia tecnolóxica dende unha perspectiva integradora e global. Neste contexto definido encádrase a sinatura deste novo convenio cuxo obxecto é determinar o marco de colaboración entre a CII e o CESGA para o apoio das súas respectivas actividades de promoción do software libre, promovendo a evolución a un Centro de Referencia e Servizos de Software Libre. Este centro terá como misión fornecer recursos e servizos que promovan a implantación do Software libre e dos estándares abertos para fomentar a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico de Galiza. Para acadar este obxectivo desenvolveranse proxectos en torno a sete áreas de actuación:
Moitas destas accións pasan polo mantemento e reforzo de proxectos xa efectuados por mancomún entre os que cabe destacar pola súa relevancia:
Fonte: Consellería de Innovación e Industria Artigos relacionados
|







A 








