Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow mancomun.org arrow Hoxe terá lugar a presentación do DVD de Ferramentas para a PEME
Hoxe terá lugar a presentación do DVD de Ferramentas para a PEME PDF Imprimir Correo-e
o Mércores, 07 de Novembro do 2007
DVDPEME

 Mancomun.org convida ás empresas das tecnoloxías da información e da comunicación a participar na xornada de traballo sobre o DVD Ferramentas Informáticas para a PEME, recompilación de ferramentas informáticas de licenza libre que cobren as necesidades comúns das empresas do noso país no uso das novas tecnoloxías.

O evento terá lugar en Santiago de Compostela no Hotel Porta do Camiño (Rúa Miguel Ferro Caaveiro, s/n. -ao pé do Palacio de Congresos e Exposicións en San Lázaro-) e dará comezo ás 16:00 horas.

Contará co seguinte programa:

16:00h. Benvida de Helena Veiguela aos asistentes e presentación da xornada

16:15h. Presentación do DVD por parte de Rafael Juanatey, Subdirector Xeral da Dirección Xeral de Promoción Industrial

16:30h. Demostración do DVD a cargo de Tomás Vilariño Coordinador de Soporte Técnico de Mancomun.org

16:45h. Café

17:00h. Presentación da Mesa Redonda de debate por parte de Suso Baleato, Coordinador de Mancomun.org

17:15h. Javier Vázquez, Presidente de AGASOL, Asociación Galega de Empresas de Software Libre.

17:30h. Francisco Rodríguez, membro do Grupo de Investigación de Ferramentas Abertas de Xestión Empresarial da ESEI de Ourense, Universidade de Vigo.

17:45h. Posta en común da mesa co público asistente acerca do DVD das PEME

19:30h. Aperitivo e Viño Galego




ChuzaMeneameDel.icio.us!



 

Servizos Mancomun.org

Eventos

Xullo 2008 Agosto 2008 Setembro 2008
Lu Ma Xo Ve Do
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...
Advertisement