| Erros e correccións no OpenOffice.org en galego |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Luns, 22 de Maio do 2006 | |
|
Nesta primeira compilación do OpenOffice.org detectamos algúns problemas coa instalación en determinados sistemas operativos. Algúns erros xa están solucionados, outros aínda non, pero esperemos que en breve si que o estean, ademais de un novo paquete moito máis fácil de instalar. Erro detectado e corrixido: - Non instala en Windows 98, Me e 2000. A mensaxe de erro é a seguinte: "El idioma de este paquete de instalación no está admitido por el sistema". Xa está arranxado e xa subimos os ficheiros sen ese erro ao servidor o pasado día 18. Para aqueles que están tendo problemas de instalación, por favor, volvede a descargar os ficheiros da instalación. Erro detectado: - Non instala nunha ruta diferente a "C:\Archivos de programa\OpenOffice.org 2.0" en Windows. A mensaxe de erro é a seguinte: "Erro interno 2870. InstallChangeFolder, NewFolder, Crear novo cartafol". Estamos revisando o paquete e esperemos que pronto se arranxe o problema.
|





















