|
Desenvolvemento colaborativo de Software Libre |
|
|
|
|
escrito por mancomun.org
o Martes, 03 de Abril do 2007 |
|
Os proxectos de Software Libre están caracterizados polo seu desenvolvemento distribuído, aberto, colaborativo e que empregan procesos de traballo baseados na comunidade. Proxectos con tanto éxito como o servidor Apache, GNU/Linux ou PHP teñen un Contorno de Desenvolvemento Colaborativo (Collaborative Development Environment - CDE) que proporciona acceso ao repositorio do código fonte, xestión do coñecemento, listas de discusión, seguimento de erros e soporte ao usuario. GForge, derivado do paquete SourceForge, é un CDE baseado en web con licenza GNU/GPL. A Forxa de Mancomun.org traballa con este software localizado ao galego. Nestes intres A Forxa conta cun total de 31 proxectos rexistrados e 74 usuarios dados de alta. A participación na Forxa está aberta a calquera que queira participar en proxectos de Software Libre. No documento "Producing Open Source Software" amósanse os pasos a seguir para desenvolver Software Libre nun contorno de desenvolvemento colaborativo.
En Gforge, e na Forxa por extensión, cada proxecto conta coas seguintes características: Control de acceso ao repositorio Xestión do código fonte ( SCM) Estatísticas de crecemento do repositorio Envío automático dos cambios a lista de correo empregando os complementos cvssyncmail e svncommitemail. Listas de correo Foros posibilidade de resposta vía correo electrónico múltiples vistas: aniñadas, plana, por fío,... Rastrexadores (Trackers) respostas do rastrexador de ítems vía correo electrónico ligados aos cambios no CVS e SVN empregando os complementos cvstracker e svntracker. -
Control de Acceso baseado en roles para xestionar os membros do proxecto. As distintas partes do proxecto poden ser restrinxidas para controlar o acceso. Xestor de tarefas a través de diagramas de Gantt. Xestión de documentos con colas de aprobación Enquisas Novas Sistema de Publicación de Ficheiros Wiki Interface de Liña de Comandos -
Artigos relacionados
|