|
Descárgate a imaxe do CD co OpenOffice.org 2.3.0 en galego |
|
|
|
|
escrito por mancomun.org
o Xoves, 18 de Outubro do 2007 |
|
Uns días despois da publicación do OpenOffice.org 2.3.0 en galego , xa temos dispoñible desde a nosa web a imaxe do CD que contén as distintas versións da suite ofimática OpenOffice.org en galego para os distintos sistemas operativos, ademais do corrector ortográfico instalable mediante o asistente que trae o OpenOffice.org.
O CD contén: - OpenOffice.org 2.3.0 para Windows , GNU/Linux e Mac OS X:
- Para Windows hai a versión completa e máis o paquete de idioma. - Para GNU/Linux hai a versión en formato "deb" e "rpm". - Para Mac OS X hai tanto versión para PowerPC como para Intel. - Para outras versións consultar a nova orixinal da publicación do OpenOffice.org 2.3.0 en galego
- O corrector ortográfico de galego versión 2.0 listo para instalar co asistente do OpenOffice.org.
CD autoexecutable. Podes descargala dende a sección de descargas da nosa web ou pulsando na imaxe que acompaña a esta nova e que tamén podes ver noutras partes da nosa web...
Para usar esta imaxe, previamente teremos que descargala ao noso computador. Unha vez feito isto, procederemos a grabala cun programa de grabación de CD, como o Gnomebaker ou K3b (para GNU/Linux) e/ou Infra Recorder (para Windows).
Artigos relacionados
|