| Corrector ortográfico de galego dispoñible como extensión para OpenOffice.org 3 |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Venres, 16 de Maio do 2008 | |||||
Unha das novas características que nos anunciaba Louis Suárez-Potts alá por setembro do ano pasado na OOoConf 2007 era que moitas das funcionalidades do futuro OpenOffice.org 3 serían a base de extensións. Con esa pretensión, hai un tempo que existe o portal http://extensions.services.openoffice.org onde podemos atopar diversas extensións que nos provén de novas funcionalidades.A raíz disto, en Mancomún decidimos corrixir algúns erros pendentes do corrector actual do OpenOffice.org2 e portalo como extensión para OpenOffice.org3, instalable a través do “Xestor de extensións”. A partir de agora temos que diferenciar os 2 correctores ortográficos dispoñibles para OpenOffice.org:
Sobre o corrector para o OpenOffice.org2, dicir que xa foi enviado á comunidade desenvolvedora do OpenOffice.org para que o actualicen nos repositorios e estea dispoñible a través do "Asistente de instalación de dicionarios de OpenOffice.org" a través do menú Ficheiro->Asistentes. Tardará aínda algúns días en estar dispoñible globalmente, mentres podedes descargar o paquete de máis arriba e instalalo seguindo as instrucións dispoñibles no Wiki de Mancomún. Artigos relacionados
|
|||||

















