Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow mancomun.org arrow Corrector ortográfico de galego dispoñible como extensión para OpenOffice.org 3
Corrector ortográfico de galego dispoñible como extensión para OpenOffice.org 3 PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Venres, 16 de Maio do 2008
http://www.mancomun.org/images/stories/extensions_ooo.png Unha das novas características que nos anunciaba Louis Suárez-Potts alá por setembro do ano pasado na OOoConf 2007 era que moitas das funcionalidades do futuro OpenOffice.org 3 serían a base de extensións. Con esa pretensión, hai un tempo que existe o portal http://extensions.services.openoffice.org onde podemos atopar diversas extensións que nos provén de novas funcionalidades.

A raíz disto, en Mancomún decidimos corrixir algúns erros pendentes do corrector actual do OpenOffice.org2 e portalo como extensión para OpenOffice.org3, instalable a través do “Xestor de extensións”.

A partir de agora temos que diferenciar os 2 correctores ortográficos dispoñibles para OpenOffice.org:

-Novo corrector 2.2 para OpenOffice.org2 (actualizados algúns erros)

gl_ES-pack.zip

-Novo corrector en forma de extensión para OpenOffice.org3 baseado no anterior. Decidimos distinguir esta versión co número 3.2 para diferenciar mellor os dous correctores.

Extensión Corrector galego OOo 3


Sobre o corrector para o OpenOffice.org2, dicir que xa foi enviado á comunidade desenvolvedora do OpenOffice.org para que o actualicen nos repositorios e estea dispoñible a través do "Asistente de instalación de dicionarios de OpenOffice.org" a través do menú Ficheiro->Asistentes.
 
Tardará aínda algúns días en estar dispoñible globalmente, mentres podedes descargar o paquete de máis arriba e instalalo seguindo as instrucións dispoñibles no Wiki de Mancomún.




ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



 

Servizos Mancomun.org

Eventos

Xuño 2008 Xullo 2008 Agosto 2008
Lu Ma Xo Ve Do
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31      

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...
Advertisement