| Corpus lingüístico do OpenOffice.org en galego |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Martes, 20 de Xuño do 2006 | |||
Para gardar unha coherencia na localización do OpenOffice.org utilizáronse ferramentas lingüísticas de procura en corpus terminolóxicos como o Corpus de referencia do OpenOffice.org. Para posteriores revisións da suite ofimática de software libre e código aberto OpenOffice.org que algún tradutor ou localizador queira realizar poderá mediante esta ferramenta acceder a un corpus que contén perto de 650.000 palabras traducidas (interface e axuda do paquete ofimático) incluída a terminoloxía do campo da ofimática. Deste xeito, procurando nela, todas aquelas novas versións e revisións realizadas por múltiplos tradutores gardarán unha coherencia terminolóxica, cuestión fundamental para a calidade final do produto. É importante salientar que toda esta terminoloxía ofimática foi aprobada polo TERMIGAL, órgano avaliador e sancionador de toda a terminoloxía na Galiza. Instrucións para a realización de novas localizacións de software:
Ficheiros .poOs ficheiros .po conteñen as cadeas localizadas ao idioma galego. Prema na seguinte ligazón para descargar os ficheiros .po do OpenOffice.org 2.0 localizado ao galego . AxudaSe tes algún problema coa instalación, precisas axuda ou detectas algún erro temos habilitados varios foros específicos do OpenOffice.org en galego na Web de mancomun.org. Non dubides en participar e plantexar as túas cuestións. Logotipos e bannersSe queres enlazarnos desde a túa páxina podes descargar a imaxe do OpenOffice.org en galego: LicenzaEste traballo está suxeito a unha licenza LGPL (GNU Lesser General Public License). Para máis información sobre a mesma podes acceder á páxina Web sobre licenzas do OpenOffice.org. AgradecementosQueremos recoñecer o traballo de todas as persoas, que en colaboración, contribuiron a ter a versión galega de OpenOffice.org 2.0, en concreto o traballo de Jorge Rivas, responsable das localizacións anteriores do OpenOffice.org, a Rubén Da Silva como coordinador oficial, así como a imaxin|software responsables da versión actual.
|
|||


















