| Colabora na tradución ao galego da próxima versión do OpenOffice.org |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Luns, 09 de Outubro do 2006 | |
|
Acabamos de poñer en marcha un novo servizo na web de mancomun.org ao cal se pode acceder a través da seguinte ligazón web: http://www.mancomun.org/entrans Con este novo servizo queremos implicar á maior cantidade de xente posible a que colabore na tradución de Software Libre, e para iso empezamos, poñendo á vosa disposición, as cadeas que quedan por traducir ao galego da próxima versión do OpenOffice. Unha vez teñamos estes ficheiros traducidos poderemos sacar a próxima versión do OpenOffice en galego gracias á vosa colaboración... As cadeas do OpenOffice témolas divididas en dous ficheiros:
Nota: É preferible tentar de rematar a tradución da interface antes que a da axuda. Para poder empezar a traducir hai que rexistrarse como usuario dende a ligazón que aparece na marxe superior da aplicación. Unha vez rexistrado, dende mancomun.org revisaremos os datos e procederemos a habilitar as contas aos usuarios, que recibirán un correo avisándolles de que xa poden empezar a facer as traducións. As traducións que fagan os usuarios quedarán marcadas como suxestións para aqueles usuarios con permisos/privilexios especiais ("validadores") e que serán os que elixan a tradución máis axeitada para cada unha das cadeas. Á hora de rexistrarse é importante cubrir toda a información que se pide, como o perfil do usuario (lingüista, informático, outro) e máis o cadro de texto de máis información, xa que está información poderános ser útil para poder asignar os permisos/privilexios aos distintos usuarios. Para aprender o manexo da aplicación consultade a axuda dispoñible na mesma, xa que é de vital importancia que as traducións se fagan correctamente. Ademais é moi recomendable usar o corpus lingüístico que se usou para as anterior traducións para poder manter a coherencia na tradución entre as distintas versións, ademais de servir de base de datos de tradución. Tamén nos próximos días publicaremos a guía de estilo coa que se fixo a primeira tradución do OpenOffice.org. Máis información sobre o servizo e sobre os ficheiros PO Este servizo chámase Entrans (páxina oficial do proxecto en SourceForge) e é unha aplicación web que permite traballar na tradución on-line de ficheiros PO. Estos ficheiros son os que permiten que aplicacións como o OpenOffice, Firefox, Thunderbird, Gaim, etc... poidan ser traducidas aos diferentes idiomas (agradecer aos amigos da asociación CiberIrmandade da Fala que nos facilitaran a súa tradución do programa ao galego). Gracias pola vosa colaboración.
|
















