Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow mancomun.org arrow As actividades relacionados co Software Libre do 2006 duplicaron ás de 2005 e 2004

Formulario de acceso






Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha
Servizos Mancomun.org
Servizos Mancomun.org
As actividades relacionados co Software Libre do 2006 duplicaron ás de 2005 e 2004 PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Venres, 10 de Novembro do 2006
O ano 2006 foi o ano máis frutífero en canto a actividades relacionadas co Software Libre en Galicia. O número de actividades rexistradas andou ao redor do medio cento polo que practicamente se dobrou o número de eventos dos dous anos anteriores. Os grupos de usuarios de Linux foron os principais protagonistas deste aumento. A Consellería de Innovación e Industria asinou un convenio de colaboración con seis destes grupos, que en breve se ampliará con outros tres,  o verán pasado e que serviu de acicate para este incremento. Coma novidade salientable, o sector empresarial amosou un grande interese polo Software Libre con diversos eventos orientados á PEME en xeral e ás empresas do sector TIC.

Moitas das actividades dos LUGs contan xa cunha periodicidade establecida e procuran non só a promoción e a difusión do Software Libre entre todo tipo de colectivos (empresariais, educativo, administración, usuarios...) senón que cada vez son máis as xornadas de carácter técnico e de intercambio de coñecementos que se organizan en Galicia. A dinámica destes eventos implica ademais a outros axentes sociais coma PEME ou administracións locais.

Ademais do crecente interese da PEME en xeral e do sector TIC en particular, como reflicte o gran número de empresas que ofrecen Software Libre na nosa comunidade en comparación co resto do estado, a administración local e o ensino levaron a cabo distintas actividades de grande interese. 

Mancomun.org, Iniciativa Galega polo Software Libre, tivo participación directa en máis dunha ducia destas actividades. Trátase dunha iniciativa da Consellería de Innovación e Industria para a promoción e difusión do Software Libre para desenvolver a industria informática en Galicia, achegar a Sociedade da Información á cidadanía e incentivar o uso de aplicacións informáticas en galego.

Nota de prensa da Consellería de Innovación 

 





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



Servizos Mancomun.org

Servizos Mancomun.org

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...