Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Localización e tradución arrow Xa temos versión oficial en galego de Firefox 3

Formulario de acceso






Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha
Servizos Mancomun.org
Servizos Mancomun.org
Xa temos versión oficial en galego de Firefox 3 PDF Imprimir Correo-e
escrito por Mar Castro o Xoves, 02 de Outubro do 2008
Firefox en galegoOs traballos de localización de Firefox coordinados por Mancomún dan por fin os seus froitos logo dun longo período de intensa colaboración coa Fundación Mozilla.

Así, agora mesmo podemos anunciar finalmente que xa temos unha versión oficial en galego de Firefox 3., dispoñible para Linux, Mac e Windows. Pódese descargar dende a seguinte ligazón da web de Mozilla.

Esta versión é completamente funcional, aínda que ben é certo que polo momento se trata dunha versión beta. Este é o procedemento habitual da fundación Mozilla  polo que  publica a primeira versión oficial dun novo idioma en fase beta durante un breve período de tempo, até que teñan a certeza de que a tradución incorporada non xera problemas de funcionamento no navegador.

Todo isto é o resultado dun longo camiño percorrido pola comunidade de tradución galega que a finais de maio tivo un punto de inflexión a raíz das declaracións realizadas polo co-fundador da Fundación Mozilla Europa, Tristan Nitot, no transcurso da inauguración do Bdigital Global Congress en Barcelona. Este feito precipitou os acontecementos, conseguíndose que a Fundación Mozilla-Europa emitira un comunicado público no que o mesmo Nitot admitía o seu erro e daba prioridade aos fíos de comunicación con Mancomún, como coordinador da tradución.

Aínda que se agardaba para moito antes unha versión en galego do Firefox, a lentitude do proceso debeuse aos procedementos impostos pola Fundación Mozilla que, co fin de asegurar a calidade de todos os seus produtos, somete cada nova tradución a un duro proceso de avaliación, amen de esixir a tradución das páxinas web do produto ademais da propia aplicación.





ChuzaMeneameDel.icio.us!



Servizos Mancomun.org

Servizos Mancomun.org

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...