| Songbird traducido ao galego |
|
|
|
Calidonia vén de traducir ao galego Songbird, o reprodutor multimedia multiplataforma (Linux, Windows, Mac) gratuíto e libre, vinculado á Fundación Mozilla. A adaptación ao galego fíxose a partir dunha versión completa da aplicación. Podedes descargar esta extensión .xpi para traducir a interface do Songbird ao galego aquí. Conta entre as súa funcionalidades cun navegador web integrado, a posibilidade de incorporar extensións desenvolvidas polos usuarios, integración con dispositivos portátiles (iPods, USB e demais), unha boa política de control da privacidade sobre os teus ficheiros multimedia (son e vídeo), pódese integrar co Audioscrobbler da last.fm… Fonte: Blogue de Calidonia Artigos relacionados |

























