| Saíu Gnome 2.24 e atópase traducido ao galego nun 99% |
|
|
|
| escrito por fjrial o Luns, 29 de Setembro do 2008 | |
|
Visto na páxina de GLUG: "Os que estamos a empregar Gnome como contorna principal nas nosas máquinas de escritorio estamos hoxe de alegría xa que hoxe liberouse a nova versión da mesma, esta vez a 2.24, xa pasaron tempos no que o escritorio de GNU/Linux era arcaico e pouco usable, agora con esta versión Gnome asentase como escritorio por defecto nalgunhas das distribucións máis empregadas hoxe en día. Nesta versión inclúense, por fin, os separadores no nautilus, o explorador de ficheiros, integración con servizos de microbloguexo, como lareta.net. Seguindo co tema da interconectividade de persoas na rede inclúese por defecto Empathy, que é un cliente de mensaxería instantánea, e a nova versión de Ekiga 3.0. Como novidades podemos destacar a integración de TDT, mellorouse a xestión de resolución de pantalla, mellorouse o sistema de temas de sons do sistema, asemade de mellorar moito a accesibilidade, En fin unha nova versión que trae moitas e novas melloras que servirán de impulso de GNU/Linux no escritorio do fogar..."
Artigos relacionados |







A nova versión de Gnome atópase traducida ao galego nun 99%








