| Rematan os obradoiros de Impress e Writer en Lugo |
|
|
|
| escrito por fjrial o Martes, 30 de Setembro do 2008 | |
|
Estes obradoiros viñan realizándose desde o día 22 de setembro e tiñan unha duración de 6 horas. No obradoiro de Impress os usuarios aprenderon a elaborar presentacións de forma sinxela co Impress, ferramenta de OpenOffice.org que é unha suite ofimática de software libre e gratuíta. Outra das ferramentas do OpenOffice.org que se empregou noutro obradoiro foi o Writer, no que os asistentes coñeceron as posibilidades máis comúns para elaborar textos e darlles formato. Logo destes obradoiros a aula SITE permanecerá pechada até novo aviso... Fonte da nova: http://dinamiza.sociedadedainformacion.eu Web do centro que publicou a nova: http://dinamiza.sociedadedainformacion.eu/centros/index.php?idc=46 Artigos relacionados
|







O 25 de setembro a Rede de Dinamización da Sociedade da Información concluíu os obradoiros de elaboración de presentacións con Impress e procesador de textos Writer na SITE da Fundación CEL, ao que acudiron en total 11 persoas.








