| Traducido ao galego o Thunderbird 2.0 e Sunbird 0.5 |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Martes, 17 de Xullo do 2007 | |
|
Agora mesmo xa se pode descargar a tradución ao galego do Thunderbird 2 , feita coa axuda dos voluntarios do Entrans e máis da comunidade de tradución dos produtos mozilla ao galego. As instrucións de instalación atópanse dispoñibles no Wiki de Mancomun.org... Proximamente esperamos poder ofrecer o paquete coa tradución para o Sunbird e o Lightning... Con estas traducións conséguese ter un potente xestor de correo con diversas utilidades libres e en galego grazas ao traballo da comunidade tradutora do Entrans que xa traballou na adaptación doutras aplicacións como o Firefox 2.0 ou a interface OpenOffice.org 2.1. Todo o Software Libre en galego ten cabida no Wiki de Mancomun.org. Podes colaborar a aumentar os seus contidos engadindo novas aplicacións ou información sobre estes programas. Traducir outro software ao galegoActualmente está no Entrans o proxecto Gimp 2.0, un xestor de imaxes que constitúe unha boa alternativa a aplicacións como Adobe Photoshop. A tradución do Gimp 2.0 está agora mesmo nun 76.6%. Artigos relacionados
|





















