Menu Content/Inhalt
» Inicio
O proxecto Decathlon busca voluntarios dispostos a traducir 10 programas nun ano PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Xoves, 03 de Abril do 2008

http://www.mancomun.org/images/stories/pootle.pngO proxecto Decathlon é un proxecto coordinado polo organización de tradución de software de Suráfrica que ten como obxectivo principal conseguir traducir 10 ou máis programas a distintos idiomas.

Outros dos obxectivos son:

  • Crear ou asistir as comunidades de lingua a traducir software.
  • Promover as distintas linguas facendo que o software estea dispoñible nas mesmas.
Os programas que se pretenden traducir, normalmente, terán unha cantidade de palabras a traducir entre 2.000 e 4.000. Non hai datas límites de tradución, senón o obxectivo global de lograr traducir durante este ano 10 programas a distintas linguas. O primeiro programa que comezarán a traducir será o FreeMind: http://translate.sourceforge.net/wiki/decathlon/freemind.
 
As traducións poderán facerse tanto de forma off-line, a través de ferramentas instaladas no computador como Kbabel, POEdit ou un simple editor de textos, así como de forma on-line e colaborativa a través dun servidor Pootle...

Outros programas contemplados para a súa tradución son: Art of Illusion (animación 3D), 7-zip (utilidade de compresión de ficheiros), FileZilla (cliente FTP), TuxPaint (programa de debuxo para nenos), VLC (reprodutor multimedia)...




ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



 

Servizos Mancomun.org
Advertisement

Eventos

Abril 2008 Maio 2008 Xuño 2008
Lu Ma Xo Ve Do
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...

Sindicación

Advertisement