Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Localización e tradución arrow O OpenOffice.org 3 xa está dispoñible na súa versión Beta en galego grazas aos voluntarios do XGN08
O OpenOffice.org 3 xa está dispoñible na súa versión Beta en galego grazas aos voluntarios do XGN08 PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Xoves, 17 de Abril do 2008
OpenOffice.org 3 logo betaO OpenOffice.org 3 Beta en galego xa está dispoñible para descarga. E ademais conta cunha interface totalmente traducida ao galego grazas ao traballo de todos aqueles voluntarios que durante o Xuventude Galiza Net 08 colaboraron na tradución da interface a través da aplicación web Entrans.
Esta versión é unha Beta polo que non se recomenda a súa instalación a usuarios sen experiencia xa que non é unha versión estable.
Hai xa unhas semanas falamos das futuras características do OpenOffice.org 3, aínda non están todas implementadas; pero van camiño de facelo e aínda quedan uns meses para a súa versión final...
 
As versións dispoñibles son para plataformas Linux (en formato RPM, aínda que co comando "alien" podemos exportalos a DEB), Windows e Solaris Sparc e Solaris Intel:
Para todos aqueles usuarios que proben esta versión e atopen calquera problema tanto coa súa tradución ao galego como de funcionamento, por favor pregamos no lo notifiquen a través dos foros da web.
 
Capturas de pantalla do OpenOffice.org 3 Beta en galego (premer para ver máis grande):

 Ventá de presentación da aplicación:http://www.mancomun.org/images/OOo3/main_menu.jpg

Novo estilo para as follas de cálculo: http://www.mancomun.org/images/OOo3/oo3_calc1.jpg

 Novas opcións á hora de exportar á PDF:
http://www.mancomun.org/images/OOo3/oo3_pdf.jpg

Importar ficheiros .docx de Microsoft Office 2007:
http://www.mancomun.org/images/OOo3/oo3_docx.jpg

Nova opción de traballo con múltiples páxinas a un tempo (abaixo á dereita):
http://www.mancomun.org/images/OOo3/oo3_multipage_view_small.jpg

NOTA: Dicir que esta versión polo de agora conta cun pequeno erro e é que non funciona o motor de corrección ortográfica do OpenOffice.org na súa versión para Linux (isto non pasa na versión para Windows), problema que estará solucionado na próxima compilación.

 

O anuncio nas listas de desenvolvemento de OpenOffice.org:
http://l10n.openoffice.org/servlets/ReadMsg?list=dev&msgNo=9087





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



 

Servizos Mancomun.org

Eventos

Xullo 2008 Agosto 2008 Setembro 2008
Lu Ma Xo Ve Do
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...
Advertisement