|
Novos programas en galego no Wiki de Mancomun.org: PunBB e Lifetype |
|
|
|
o Mércores, 23 de Maio do 2007
 O Wiki de Mancomun.org incorpora dous novos programas dispoñibles para GNU/Linux, Mac OS e Windows en galego. Trátase do sistema de creación de foros PunBB 1.2.15 e o xerador de blogues Lifetype 1.2.1. Estes programas e outros proxectos libres localizados ao galego para as tres plataformas antes mencionadas poderás atopalos no Wiki.
Estas aplicacións están dispoñibles orixinalmente na web egalego. No caso do Lifetype cómpre salientar que está dispoñible tamén no sitio oficial.
Artigos relacionados
|