Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Localización e tradución arrow Nova versión do Pidgin traducida integramente ao galego por mancomun.org
Nova versión do Pidgin traducida integramente ao galego por mancomun.org PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Xoves, 30 de Agosto do 2007

http://www.mancomun.org/images/stories/pidgin_full.pngFai uns días publicouse unha nova versión do programa de mensaxería Pidgin. A última versión dispoñible é a 2.1.1 e atópase totalmente traducida ao galego polo equipo de Mancomun.org.

De todos xeitos, pode que a tradución conteña algún erro, polo que agradeceriamos que nos notifiquedes os mesmos na páxina de "Problemas detectados na tradución actual" do Pidgin pertencente ao  Wiki de Mancomun.org.

Recordar que Pidgin é o software que anteriormente se chamaba "Gaim"; pero desde a versión 2.0.0 mudou o nome debido a que a titularidade da marca AIM pertence a AOL Time Warner, e ao non ser Copyleft existen problemas de compatibilidade coas licenzas libres. Polo mesmo motivo, a biblioteca asociada libgaim pasou a chamarse libpurple, e pidgin-text pasou a chamarse Finch...


No noso Wiki, tamén podedes atopar o manual de uso do Gaim/Pidgin en galego baseados na obra "Gaim - Ferramentas da Internet - Cadernos de formación Tecnolóxica" de Toni Hermoso Pulido (autor orixinal da obra), Edit Lin (editorial) e a Regidoria Ciutat del Coneixement de l'Ajuntament de Barcelona (responsable do proxecto).

A lista completa de cambios pódese atopar na seguinte ligazón:
http://www.pidgin.im/ChangeLog

Máis información no Wiki de Mancomun.org e na páxina oficial de Pidgin






ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados




Servizos Mancomun.org

Eventos

Agosto 2008 Setembro 2008 Outubro 2008
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30          

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...
Advertisement