Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Localización e tradución arrow Mancomún organiza o evento “G11n: eu traduzo o teu software”
Mancomún organiza o evento “G11n: eu traduzo o teu software” PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Xoves, 08 de Maio do 2008

ImageA Iniciativa Galega polo Software Libre promove o debate entre a comunidade tradutora ao galego para lograr a optimización do proceso

O Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galicia organiza os vindeiros día 10 e 11 de maio en Santiago de Compostela o evento "G11n: eu traduzo o teu software" . Estas xornadas, enmarcadas dentro da campaña da Consellaría de Innovación e Industria para o día das Letras Galegas “Máis internet, máis galego, máis futuro”, reunirá aos membros máis activos da comunidade tradutora de software libre ao galego co fin de analizar as estratexias e as ferramentas empregadas.

A iniciativa do encontro xurdiu a raíz das ideas xeneradas en torno aos obradoiros de tradución de Software Libre que tiveron lugar durante o Xuventude Galiza Net deste ano . Nestas sesións de traballo constatouse a necesidade de consensuar metodoloxías e estratexias conxuntas para a mellora do proceso de tradución.

O Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galicia quixo materializar este desexo común coa organización do encontro “G11n: eu traduzo o teu software”, coincidindo coa celebración do 2º Aniversario de Mancomún .

Baixo esta percepción, o evento orientarase á exposición e á análise das estratexias que se están a seguir actualmente na tradución de software libre ao galego, para posteriormente identificar as eivas que estas conlevan e atopar solucións conxuntas que permitan resolvelas.

O encontro dividirase en dúas xornadas, a primeira delas aberta ao público e a segunda dedicada ao traballo interno da comunidade. A sesión do sábado será de carácter congresual, e iniciarase cun relatorio sobre terminoloxía que impartirá Xusto A. Rodríguez Río, responsable da Área de Terminoloxía do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela .

Tras este relatorio terá lugar unha presentación institucional, con ocasión do 2º Aniversario de Mancomún, coa intervención de Helena Veiguela, Directora Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información-Consellaría de Innovación e Industria (Xunta de Galicia).

Este acto precederá a unha mesa redonda, moderada pola Directora Xeral, na que persoas destacadas no eido da localización galega exporán a súa perspectiva na materia.

A xornada de portas abertas do sábado pecharase con dous relatorios de grande interese: o protagonizado por Albert Astals Cid, coordinador de KDE 4.0 e a impartida por Juan Rafael Fernández, experto en tradución de software e profesor de Educación Secundaria en Andalucía.

A segunda xornada terá un carácter máis interno e, aínda que é posible a participación de público, estará orientada principalmente aos distintos axentes que integran a comunidade galega de localización de software libre (voluntariado individual, comunidade voluntaria, asociacións, empresas e administración pública así como grupos de expertos/as convocados pola propia comunidade).

Para máis información sobre o evento “G11n: eu traduzo o teu software” acceda á seguinte ligazón . Para inscrición no evento fáganos chegar a seguinte ficha debidamente cumprimentada.  





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



 

Servizos Mancomun.org
Advertisement

Eventos

Abril 2008 Maio 2008 Xuño 2008
Lu Ma Xo Ve Do
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...

Sindicación

Advertisement