| Instrucións para galeguizar o novo Firefox 3 |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Martes, 17 de Xuño do 2008 | |||||
|
Xa descargache a última versión do Firefox 3? Pois agora xa podes empregalo en galego! Tanto se usas Linux, Mac ou mesmo Windows é igual de sinxelo: só terás que descargar o paquete de idioma e despois arrastralo a unha xanela aberta do teu novo Firefox 3. Automaticamente preguntarache se desexas instalalo: dille que sí... e xa está! E se atopas erros na tradución non te cortes e avísanos enviando un correo a galician@mozdev.org. Se queres máis información ou non che funcionou á primeira, sigue lendo para atopar as instrucions detalladas:
Acaba de saír o Firefox 3 á rúa e desde Mancomún, dicir que os traballos de localización ao galego van moi avanzados e xa temos o 100% da interface traducida, polo que podemos ofrecervos un paquete de idioma ao galego para o Firefox 3 como adianto do que será a versión oficial do mesmo. A continuación as instruccións de instalación e máis unha guía de todas as novas características do Firefox 3...
Instrucións de instalación do paquete de idioma ao galego para Firefox 3: Para instalar o paquete de idioma do Firefox 3 en galego, primeiro hai que ter instalado o Firefox 3. Podedes descargalo no idioma que prefirades desde a seguinte ligazón: http://www.mozilla-europe.org/pt/ Unha vez feito isto, procederemos a descargar o paquete de idioma desde a páxina http://mozilla.mancomun.org Unha vez descargado, abrimos o Firefox 3 e arrastramos o paquete de idioma (.xpi) á ventá do Firefox. Iniciarase desta maneira un asistente que nos permitirá instalar a tradución ao galego. Feito isto, haberá que reiniciar Firefox 3 e xa arrincaría en galego sempre e cando o idioma do noso sistema operativo estea en galego. De non ser así, habería que engadir o seguinte parámetro á icona de execución do Firefox 3: "-uilocale gl" Aquí vos deixamos dúas capturas de pantalla para modificar este parámetro:
Outra información:
Os erros que atopedes no paquete de idioma, por favor, notificádeos ao seguinte enderezo de correo galician@mozdev.org para que os poidamos corrixir canto antes e envialos á Fundación Mozilla para que cando saia a versión oficial en galego xa estean solucionados.
Outras ligazóns de interese: A versión oficial en galego de Firefox 3 está en camiño Artigos relacionados |
|||||


















