| Dokeos LMS 1.8 necesita unha versión en galego |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Xoves, 26 de Abril do 2007 | |
|
Dokeos é unha plataforma de teleformación de código libre que está sendo empregada por máis de 1.200 organizacións en todo o mundo para xestionar as súas accións de formación e colaboración. Paralelamente, Dokeos é tamén unha empresa que axuda ás organizacións no lanzamento e desenvolvemento dos seus programas de formación. En España faino a través do seu socio Contidos Dixitais quen agora quere lanzar unha chamada de axuda á comunidade galegofalante. Para que o galego non quede fóra da nova actualización de Dokeos que verá a luz dentro de 7 días, Contidos Dixitais solicita a axuda de todos os cibernautas para darlle o pulo definitivo á tradución ao galego que neste intre se atopa ao 77%. Para colaborar na tradución deste software, só hai que acceder á seguinte dirección, rexistrarse e facer uso da ferramenta de tradución en liña habilitada ao efecto. Artigos relacionados
|
















