| Mancomún participará no curso de verán da UDC: Novas tecnoloxías e dinamización lingüística |
|
|
|
| escrito por Mancomún o Luns, 14 de Xullo do 2008 | |
|
O coordinador da iniciativa, Xesús M. Benítez Baleato, intervirá no evento cun relatorio sobre Software Libre
Este curso, que comezou hoxe e se prolongará até o vindeiro día 17 de xullo, está organizado polo Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña coa colaboración da Deputación da Coruña, o Concello de Carballo, a Cooperativa Tagen Ata e a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL). Nesta edición, os contidos centraranse na relación entre a alfabetización tecnolóxica e a extensión dos usos da lingua. Proporase realizar unha reflexión do protagonismo das novas tecnoloxías na sociedade actual e por tanto en todo o que ten que ver coas linguas, co seu uso, co seu prestixio e mesmo coa súa actualización. Neste contexto de aplicación das novas tecnoloxías á normalización lingüística, darase especial atención ao Software Libre e ás oportunidades que este brinda para a dinamización da nosa lingua no eido das TIC e por extensión na vida cotián. Ligazón ao programa completo. Artigos relacionados
|








O Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galicia, Mancomún, estará mañá presente no 












