Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Localización e tradución arrow Colabora coa Ciberimandade da Fala para traducir o Joomla 1.5 ao galego
Colabora coa Ciberimandade da Fala para traducir o Joomla 1.5 ao galego PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Luns, 06 de Agosto do 2007

http://www.mancomun.org/images/stories/ciberirmandade.pngBotando unha ollada á web da Ciberirmandade da Fala vemos a seguinte nova:

"Xa temos dispoñibles no TraduCIF os arquivos de idioma da RC1 do Joomla 1.5, de xeito que xa podes colaborar na tradución da mesma. De feito, o traballo está bastante avanzado por mor do aproveitamento da antiga tradución levada a cabo tamén no TraduCIF, polo que, o meirande esforzo, debería cinguirse basicamente deica a validación das cadeas traducidas propostas.

Lembra que dispoñemos dun libro de estilo (aínda en proceso de definición) e un foro adicado ás discusións relativas aos traballos de tradución."

O sistema TraduCIF da Ciberirmandade da Fala é o mesmo sistema que o Entrans de mancomun.org, de feito a tradución do Entrans de mancomun.org está baseada na do TraduCIF...


Por outra parte, tamén comentar que o DokuWiki ceibou unha nova versión e que xa está dispoñible na zona de descargas da Ciberirmandade da Fala, a tradución galega do dokuWiki, actualizada á versión 2007-06-26b. O DokuWiki é un wiki sinxelo, de código libre baixo licenza GPL, pensado para grupos de traballo en xeral, de doado uso e sintaxe sinxela, e non require bases de datos.
 
Fonte:




ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



 

Servizos Mancomun.org

Eventos

Xullo 2008 Agosto 2008 Setembro 2008
Lu Ma Xo Ve Do
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...
Advertisement