Menu Content/Inhalt
» Inicio

Formulario de acceso






Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha
Servizos Mancomun.org
Servizos Mancomun.org
Ciberirmandade da Fala extende a localización de SwL coa publicación dunha guía de localización PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Xoves, 10 de Xullo do 2008

CiberirmandadeNo seu propósito de facer extensible a tradución de software a calquera persoa, tanto do eido informático como allea a el, a Ciberirmandade da Fala vén de rematar a guía de “tradución de software na CIF”. Ademais, o colectivo fai un chamamento á colaboración para, segundo din, "podermos facer máis pola nosa lingua".

Esta guía trátase dun manual online, construído sobre a plataforma Moodle da asociación, onde os iniciados á tradución de software poden coñecer detalladamente o procedemento para traducir de forma online a través do traduCIF, o tradutor Entrans habilitado pola Ciberirmandade da Fala.

Dadas todas estas facilidades, os membros do colectivo inivitan a toda a poboación a colaborar na localización de software. e inciden en que existen moitas formas de facelo adaptándose as capacidades técnicas de cada voluntario, indo dense a simple tradución de texto, até a relación con produtores de software ou mesmo a publicación de novas na web.

A Ciber Irmandade da Fala pon a disposición de calquera persoa a ferramenta de tradución traduCIF , así como foros de consulta e asesoramento.

Máis información





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



Servizos Mancomun.org

Servizos Mancomun.org

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...