| Actualizado o Corpus de Mancomún con novos ficheiros de tradución de Gimp 2.16 e OpenOffice.org 3 |
|
|
|
| escrito por Mancomún o Venres, 01 de Agosto do 2008 | ||||
|
O Corpus de Mancomún é unha aplicación web na que podemos consultar como se traduciu determinado termo nos pares de linguas inglés->galego e galego->inglés. Desde hai algún tempo a aplicación conta cun API aberto para que se poidan programar aplicacións ou plugins para poder usalo nelas. Usando esta API, Ignacio Casal (coordinador da tradución ao galego de Gnome) programou dous plugins para usar o Corpus en gedit e en gtranslator respectivamente:
Ademais queremos aproveitar para facer un recordatorio do chamamento que fixo Ignacio Casal na rolda G11n para que a comunidade axude a rematar a tradución da próxima versión de Gnome 2.24 (data de saída o 24 de setembro), e tamén do chamamento de Mvillarino na lista softlibre-edugal para axudar na tradución de "kdeedu"...
Se alguén estivera interesado en que puxeramos os ficheiros da tradución dalgunha outra aplicación, que se poña en contacto connosco a través do enderezo de correo g11n@mancomun.org. Artigos relacionados |
||||






















