Menu Content/Inhalt
» Inicio

Formulario de acceso






Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha
Servizos Mancomun.org
Servizos Mancomun.org
A versión 2.2 do Wordpress dispoñible en galego PDF Imprimir Correo-e
o Luns, 02 de Xullo do 2007
Wordpress logoA empresa Tagen Ata vén de poñer a disposición da comunidade o sistema de xeración de blogues libre Wordpress na súa versión 2.2 en galego. Podedes acceder á tradución no Wiki de Mancomun.org así como ás anteriores versións. O responsable oficial do Wordpress en Galicia, Amador Loureiro Blanco, subiu o programa aos repositorios oficiais. Recordámosvos que podedes editar o wiki incorporando novo Software Libre traducido ao galego e incorporando información e documentación ao portal.
 
Wordpress é un sistema de contidos enfocado á creación de blogues, desenvolvido en PHP e MySQL baixo licenza GPL. O seu uso está moi estendido, entre outras causas, polo seu fácil uso, a súa licenza e as características como xestor de contidos. Posúe unha comunidade de desenvolvedoras e desenvolvedores ampla encargada de desenvolver complementos e temas.




ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



Servizos Mancomun.org

Servizos Mancomun.org

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...