Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Localización e tradución arrow A localización de Debian ao galego, a máis avanzada do estado español

Formulario de acceso






Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha
Servizos Mancomun.org
Servizos Mancomun.org
A localización de Debian ao galego, a máis avanzada do estado español PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Luns, 23 de Xuño do 2008
debianO galego é a lingua mellor situada do estado español no ranking de tradución de Debian e a oitava no total de linguas ás que se ten traducido esta distribución de Linux.

Este ranking, baseándose no número de cadeas de arquivos PO de Debian, establece que das 9.693 existentes a tradución ao galego ten cuberto o 69% do total con 6.785 cadeas. Esta cifra sitúa ao galego por diante das outras linguas do Estado como son o español, o catalán e o vasco, e a tan só 200 cadeas do ruso.

Datos coma estes poñen de manifesto a gran labor de localización que se está a realizar dende a comunidade tradutora de Software Libre ao galego, concretamente, neste caso, a título individual por Jacobo Tarrío coa distribución Debian.




ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



Servizos Mancomun.org

Servizos Mancomun.org

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...