Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Iniciativas PEME arrow Urco Editora: un proxecto editorial galego que aposta polo Software Libre e o Creative Commons
Urco Editora: un proxecto editorial galego que aposta polo Software Libre e o Creative Commons PDF Imprimir Correo-e
o Martes, 11 de Decembro do 2007

Urco Editora é un proxecto editorial galego de recente creación que aposta fortemente polo software e a cultura libre. Segundo afirma a empresa na súa páxina web todo o proceso de edición dos seus libros  (tradución, deseño, corrección e maquetación) faise exclusivamente baixo o entorno operativo GNU/Linux e con programas libres e de código aberto. 

Aparte do aforro en licenzas, un dos grandes motivos para adopción do Software Libre segundo os seus responsables é que o mundo editorial precisa dunha constante innovación e o Software Libre non só permite esta evolución constante senón que obriga a unha permanente renovación. 

Os sistemas informáticos de Urco Editora funcionan co sistema operativo Ubuntu, empregan Gimp e Inkscape para o deseño, Scribus para a maquetación e OpenOffice.org para a elaboración de documentos.  

Urco publica todas as traducións de textos sen dereitos baixo Creative Commons, xa que consideran "absurdo, pouco ético e regresivo" o uso das licenzas restrictivas de copyright sobre textos que xa se atopan liberados do mesmo.

A liña editorial deste novo proxecto editorial céntrase na literatura fantástica, de ciencia ficción e de terror. As súas publicacións centraranse nos clásicos destes xéneros divididos en tres coleccións: gótica, terror e ciencia ficción. Urco publicará obras de Lovecraft, H.G. Wells ou Edgar Allan Poe entre outros. 

Web de Urco  





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



 

Servizos Mancomun.org

Eventos

Xullo 2008 Agosto 2008 Setembro 2008
Lu Ma Xo Ve Do
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...
Advertisement