Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Iniciativas PEME arrow Unha escola/tenda de música en liña conta a súa experiencia con GNU/Linux
Unha escola/tenda de música en liña conta a súa experiencia con GNU/Linux PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Venres, 16 de Novembro do 2007

WorkshopLive.com é unha escola e tenda de música virtual con ducias de mestres profesionais que ensinan a tocar a guitarra, o baixo, os teclados e a batería, todo a través de Internet.

Cando a escola comezou a funcionar, a compañía tiña poucos cartos para comezar, polo que decidiron darlle unha oportunidade ao Software Libre.

A idea era crear unha web que incluíra multimedia, con ensinanza a través de vídeo, teclados con animación para demostrar como tocar, etc. “Necesitabamos unha plataforma potente, pero non tiñamos cartos para gastar. Nunca usáramos Software Libre pero os nosos desenvolvedores estaban moi a gusto traballando con el, ademais de que era moito máis seguro.”


Though Hoefner, a xefa técnica de WorkshopLive.com, non estaba familiarizada co Software Libre, xa que proviña dunha empresa con un contorno propietario do cal sabía as súas grandes debilidades: "É altamente costoso, ao final acabas pagando enormes cantidades de cartos en licenzas".

Para xestionar a actual colección de vídeos (cerca duns 10.000), animacións e unhas 1.800 leccións, Hoefner elixiu servidores Red Hat. “Un sistema operativo en Software Libre xunto coas actualizacións automáticas de Rackspace, fixeron o meu traballo moito máis sinxelo".

Hoefner quedou tan impresionada co Software Libre, que decidiu incorporar máis ferramentas como Subversion e outras ferramentas de desenvolvemento. “Na miña vida anterior, estaría gastando centos de miles de dólares nestas ferramentas” di Hoefner. “No meu último traballo, a factura rondaba o millón de dólares en licenzas anuais. Actualmente é de 0 dólares. Non gastamos un penique en ningunha destas ferramentas”

 

 

Podes ler a nova completa na súa fonte orixinal:
http://www.linux.com/feature/121369





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



 

Servizos Mancomun.org

Eventos

Xullo 2008 Agosto 2008 Setembro 2008
Lu Ma Xo Ve Do
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...
Advertisement