| Red Hat define unha nova estratexia para usuarios finais |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Xoves, 22 de Marzo do 2007 | |
|
A compañía Red Hat que preside Matthew Szulik, mundialmente coñecida polo seu excelente posicionamento no mercado dos servidores Linux, está planificando a súa estratexia para achegarse aos usuarios finais. Neste sentido, Red Hat está traballando nunha solución de escritorio mellorada respecto á actual. Este movemento está deseñado en parte para competir coa solución de Novell para escritorios, polo que a guerra para acadar un bo posicionamento no mercado de usuarios parece aberta. Fonte.- PCMagazine Artigos relacionados |
















