Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Iniciativas PEME arrow Premio Software Libre de Eganet
Premio Software Libre de Eganet PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Venres, 16 de Febreiro do 2007
EganetEGANET, asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías, convoca a IV edición dos seus premios anuais para  estimular o labor de creación dos empresarios e profesionais que, sentíndose comprometidos coa expansión da Sociedade da Información en Galicia, deseñan, programan e desenvolven produtos e servizos que teñen en internet e as novas tecnoloxías da información a súa razón de ser.
 
Destaca a existencia dun galardón para o Software Libre. Premiarase nesta categoría o uso e a difusión de tecnoloxías de código aberto tanto por parte de empresas privadas coma de administracións públicas, considerándose especialmente a contribución de tal uso ás comunidades opensource e galega. 
 
Ademais do Premio ao Software Libre haberá galardón ás mellores páxinas web de comercio electrónico, institucional, á mellor aplicación online... así ata completar 9 categorías diferentes. Os interesados deben enviar as súas candidaturas antes do 15 de marzo a candidaturas@premioseganet.com.

Os premiados recibirán un trofeo representativo exclusivo, deseñado por un artista galego e fabricado en Galicia. Os premiados poderán facer publicidade do galardón, sempre que se especifique claramente en lugar visible o ano e categoría premiada. EGANET entregará un logo acreditativo da condición de gañador ou finalista dos Premios EGANET.





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



 

Servizos Mancomun.org

Eventos

Xuño 2008 Xullo 2008 Agosto 2008
Lu Ma Xo Ve Do
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31      

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...
Advertisement