Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Iniciativas PEME arrow O directorio de empresas de Software Libre xa conta con máis de 30 empresas
O directorio de empresas de Software Libre xa conta con máis de 30 empresas PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Xoves, 05 de Outubro do 2006

O directorio de PEME de Software Libre de Galiza xa conta con máis de 30 empresas rexistradas. Cada vez son máis as compañías que ofrecen produtos e servizos de software libre aos seus clientes e a súa actividade é un piar fundamental para o desenvolvemento e mantemento da tecnoloxía aberta.

Dende a concepción do proxecto Mancomun.org considerouse como imprescindible a constitución dunha masa crítica de empresas que poidan ofrecer ás PEME e á administración unha oferta sólida e permanente de solucións de Software Libre. O obxectivo do directorio é que os clientes poidan localizar no mercado galego as mellores solucións baixo estándares abertos.   

A inscrición neste directorio está aberta a calquera empresa TIC que ofreza servizos ou produtos ao redor do Software Libre. Unha vez solicitada a alta o equipo do portal fai un seguimento para ver se cumpre as condicións requiridas.

Este directorio recolle a empresas adicadas a algunha destas cinco actividades:    

  • Desenvolvemento/adaptación de Software Libre
  • Soporte técnico en Software Libre
  • Consultoría en Software Libre
  • Formación en Software Libre
  • Implantación de Software Libre

As empresas interesadas en participar deben cubrir este formulario. É necesario que indiquen que produtos e servizos específicos ofertan. 





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados




Servizos Mancomun.org

Eventos

Agosto 2008 Setembro 2008 Outubro 2008
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30          

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...
Advertisement