| Mancomún renova o directorio de empresas de SwL para a súa dinamización |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Venres, 06 de Xuño do 2008 | |||
|
O directorio de empresas de Software Libre de Galiza vén de incorporar melloras ao seu servizo co propósito de facer desta ferramenta un sistema de busca e localización óptimo. A medida pretende,ademais, incentivar o rexistro de novas entidades para unha maior cobertura do tecido empresarial galego. Mancomún introduce como novidades un xeolocalizador Googlemaps, para a ubicación xeográfica das empresas, así coma un motor de busca por termos e por provincias, que se incorpora ao xa existente en materia da actividade desenvolvida e categorizada en cinco subgrupos: desenvolvemento/adaptación, soporte técnico, consultoría, formación e implantación en Software Libre. Estas melloras intégranse nunha interface renovada, tanto a nivel de deseño como de accesibilidade Deste xeito, as empresas que se rexistren, a partir de agora, poderán facelo xestionando as súas propias descricións cun editor de texto. Isto permitirá a modificación do formato de texto, a incorporación de imaxes ou de ligazóns. O directorio preséntase, así, máis atractivo para o empresario, que conta con maiores recursos para a promoción do negocio, como para o cliente, que ve optimizada a busca coa inclusión de novos filtros.
Artigos relacionados
|
|||






















